As cadetes do Fogar novas subcampioas provinciais de cros


 22 Decembro, 2023   Escola de Natación, Tríatlon e Atletismo 

As cadetes do Fogar novas subcampioas provinciais de cros

O pasado sábado día 16 de decembro no Parque Eugenio Granell de Santiago, 17 d@s atletas e triatletas das escolas de base da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte na Final Provincial de Campo A Través Escolar encadrado dentro do Programa Xogade. Nunha mañá inmellorable para a práctica do cros, as nosas cadetes facíanse co subcampionato provincial con Irene Santomé como 8ª clasificada, Inés Duarte 12ª, Ana Ézara 13ª e María Líu 26ª. Nas carreiras masculinas os nosos infantís foron 4º con Iago Bello 18º, Jorge Rodríguez 24º, Abel Antelo 29º e Martín Cid 37º; mentres que os cadetes remataron 6º con Líam Hernández 15º, Lino Souto 18º, Nicolás Mato 21º e Álex Vicente 30º. A título individual o mellor dos nosos foi Román Ponte como 9º clasificado benxamín. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas escola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar