As nosas Escolas de Base retoman as actividades en Carballo e Oleiros


As nosas Escolas de Base retoman as actividades en Carballo e Oleiros

157 deportistas das nosas escolas de natación e tríatlon de base foron convocados en Carballo e Oleiros para reiniciar as súas actividades deportivas en horario matinal desde o vindeiro mércores día 1 de xullo, e coa intención de mantelas ata o luns 31 de agosto de 2020. Para iso a entidade rescatará aos 6 traballadores que permanecían aínda en ERTE desde que o pasado 14 de marzo se decretase o estado de alarma recuperando así á totalidade do persoal. Deste xeito o club segue a recuperar de xeito gradual a súa actividade deportiva, social e económica tras o impacto provocado pola crise sanitaria da COVID-19.
A día de hoxe a AD.FOGAR mantense ao día cos seus pagos, contabiliza tan só 20 baixas de soci@s, 16 delas en Carballo e outras 4 en Oleiros, e suma 6 novas altas, 3 en Carballo e outras tantas en Oleiros cos que contamos con 333 asociad@s d@s que 130 xa pagarán en xullo entre o 25 e o 100% da súa cota habitual, 167 seguirán pagando a cota voluntaria de 5€ e os 36 restantes non pagarán cota algunha.

Por último e en nome de tod@s @s que conformamos a Xunta Directiva da entidade queremos agradecer a comprensión, solidariedade, responsabilidade e compromiso que estan a demostrar @s soci@s; porque grazas ao esforzo conxunto de tod@s continuamos á boia sen deixarnos a ninguén atrás.
💪💪💪
O RENACER DA FORZA!
https://www.facebook.com/adfogar/videos/1170841556584886/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.