O pasado sábado día 18 de xaneiro de 2020 no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, 6 d@s nos@s triatletas de base acudían á Toma de Tempos do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva que na súa Fase Territorial disputábase en xornadas de mañá e tarde. A expedición da AD.Fogar de Carballo e Oleiros compoñíana @s cadetes: Marta González en representación feminina e Álvaro Elizalde, Andrés Prieto, David Sancho, Pablo Tran e Samuel Nuñez na masculina que callaban unha boa actuación. Entre os nosos destacaron David Sancho que sumaba 333,88 puntos sobre os 400 posibles, e Andrés Prieto que facía 295,02, acadando así a primeira e a terceira mellor puntuación rexional masculina respectivamente. Pola mañá disputáronse os controis de natación nos que David facía 88,40 puntos nos 100 metros libres e 70,42 nos 400; e pola tarde os de carreira nos que David sumaba os 100 puntos posibles nos 200 metros lisos e os 75,06 nos 1000. No apartado descargas escola desta mesma web podedes consultar os resultados desta Toma de Tempos Rexional do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva disputada en Pontevedra.