Os pasados 14 e 15 de decembro, 12 d@s atletas e triatletas das escolas de base da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte no Provincial de Campo A Través Escolar, na Final Galega do Nada e Corre de Tríatlon e máis na Vegan Trail Race da FGA. O sábado no Provincial de Campo A Través Escolar da Pobra, Iago Bello acadou a medalla de prata da categoría infantil, Noah de Castro foi 4ª benxamín e Adrián Fuentefría 8º cadete. O domingo no Galego de Nada e Corre a prebenxamín Rosalía Cid e o infantil Diego Souto foron subcampións galeg@s, a cedete Irene Santomé rematou 5ª e o benxamín Wenceslao Oubiña foi 8º. O mesmo domingo Ana Ézara fíxose coa victoria na proba curta do Castro Caldelas Vegan Trail na categoría sub16.