A cidade de Avilés acolleu a pasada fin de semán o Campionato de España de Dúatlon Contrarreloxo e Substitucións por Equipos ao que acudimos cunha representación de 6 deportistas da categoría cadete: A. Prieto, S. Nuñez, L. Lorenzo, A. Elizalde, B. Benavent e P. Tran, que concursaron neste campionato nacional na súa categoría escolar. A nosa mellor versión chegaba o sábado pola mañá na modalidade de contrarreloxo por equipos sobre 3,4 quilómetros a pé, 11,2 qm de ciclismo e outros 1,3 qm de carreira a pé na que rematábamos a proba como 13º clasificados dos 57 equipos que tomaban a saída. O domingo, tamén en horario matinal e na modalidade de substitucións por equipos sobre un percorrido de 2,2 quilómetros a pé, 6,3 qm de ciclismo e 1,3 qm de carreira a pé estivemos algo máis discretos, 21º co noso equipo A (A.Prieto, B.Benavent e S.Nuñez) e 38º co B (A.Elizalde, L.Lorenzo e P.Tran) de 79 equipos. Os resultados deste Nacional de Dúatlon por Equipos podédela atopar en descargas escola desta mesma páxina e tamén na web da propia Federación Española de Tríatlon na seguinte ligazón http://triatlon.org/triweb/index.php/competiciones/resultados-2019/