
Os pasados 13 e 14 de decembro trinta d@s atletas e triatletas das escolas de base da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte no Provincial de Campo A Través Escolar e na Final Galega do Nada e Corre de Tríatlon. O sábado na Final Provincial de Campo A Través Escolar de Porto do Son con 490 participantes, Adrián Fuentefría acadou a medalla de bronce da categoría cadete e xunto cos seus compañeiros de equipo, Iago Bello 9º, Álex Yera 17º e Martín Cid 29º, foron medalla de prata por equipos clasificando tamén para a Final Galega. Na categoría benxamín Rosalía Cid foi 20ª e Leo Bardanca 25º, e na alevín Gotska Romar e Rafel García foron vixésima e vixésimo. Os resultados no apartado de descargas escola desta mesma web.
O domingo na Final Galega do Nada e Corre de Ribeira con 147 participantes, Manuel López foi prata cadete, mesma categoría na que Carmen Díaz rematou 11ª. Na categoría benxamín Noah de Castro foi 7ª, na alevín Carlota Lavandeira 12ª e na infantil Martina Santomé 16ª. Por equipos rematamos na 5ª praza.
Resultados que podedes atopar nas descargas tríatlon desta mesma web.