Bronce para os cadetes do Fogar no Provincial de Cros Escolar


 02 Febreiro, 2020   Escola de Natación, Tríatlon e Atletismo 

Bronce para os cadetes do Fogar no Provincial de Cros Escolar

Onte sábado día 1 de febreiro de 2020 disputábase no Circuito da Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal, a Final Provincial de Campo A Través Escolar do Programa Xogade na que tomaban o pistoletazo de saída 14 d@s triatletas das Escolas de Base de Tríatlon que desde a AD.Fogar estamos a promover en Carballo e Oleiros. As carreiras das distintas categorías comezaban a as 11:15 da mañá coa saída benxamín feminina e estendíanse ata as 13:15, hora de saída da proba cadete masculina. Os mellores concursos d@s nos@s representantes foron os de Rubén Otero e Elena Haz que foron 9º e 14ª da categoría cadete, Anxo Bello que foi 11º da categoría infantil e os equipos masculinos: por unha banda o equipo infantil que acadaba a 4ª praza con A.Bello, O.Alberte, P.Rivas e M.Muñoz, e por outra o cadete que subía ao pódium tras alzarse coa medalla de bronce con R.Otero na xa citada 9ª posición, N.Cerqueiro na 16ª e S.Soto na 21ª. Os resultados desta Final Provincial Escolar de Campo A Través pode des consultala no apartado de descargas escola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.