Campamento de Verán MERA TRI CAMP 2019


Campamento de Verán MERA TRI CAMP 2019

Desde a nosa sede en Oleiros facemos saber que estamos a ultimar os preparativos do MERA TRI CAMP 2019 que ano tras ano vimos organizando na Praia de Mera coa colaboración do Concello de Oleiros, a Deputación de A Coruña, O Serán e Grupo Breogán Motor. Como vén sendo habitual, abrimos xa un primeiro prazo de inscrición dirixido aos nosos asociados, que poden confirmar a súa participación ata o día 5 de maio de 2019. A partir desa data e segundo a dispoñibilidade de prazas, abriremos unha segunda quenda de inscrición para todos aqueles non afiliados interesados en participar das nosas actividades estivais. O campamento desenvolverase de luns a venres durante os meses de xullo e agosto, en horario matinal de 11 a 14 horas.  No mesmo poderán tomar parte rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos co obxectivo de pasar un verán divertido e dinámico baseado nas actividades básicas e os valores propios do tríatlon, é dicir, a natación en augas abertas, o ciclismo e a carreira a pé. O privilexiado da contorna e a organización e control das actividades por parte dos nosos adestradores e monitores veñen sendo nos últimos anos unha garantía de éxito. Achegámosvos a esta nova a información xeral. Podedes confirmar a vosa inscrición en liña picando AQUÍ e seguindo as instruccións do formulario.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.