Campamento de Verán MERA TRI CAMP 2021


Campamento de Verán MERA TRI CAMP 2021

Desde a nosa sede en Oleiros facemos saber que estamos a ultimar os preparativos do MERA TRI CAMP 2021 que ano tras ano vimos organizando na Praia de Mera coa colaboración do Concello de Oleiros e a Deputación de A Coruña. Este ano farémolo outra vez nun formato máis reducido do habitual e só dirixido a nen@s nad@s nos anos 2011 a 2015 ambos incluidos, atendendo as normas, protocolos e recomendacións sanitarias. Unha vez confirmada a participación d@s nos@s asociad@s e segundo a dispoñibilidade de prazas, o día 18 de maio abriremos a quenda de inscricións para tod@s aqueles-as non afiliad@s interesad@s en participar das nosas actividades estivais. O campamento desenvolverase como de costume de luns a venres durante os meses de xullo e agosto, en horario matinal de 11 a 14 horas. No mesmo tomarán parte entre 30 e 45 nen@s de idades comprendidas entre os 6 e os 10 anos co obxectivo de pasar un verán divertido e dinámico baseado nas habilidades básicas e os valores propios do tríatlon, é dicir, a práctica da natación en augas abertas, o ciclismo e a carreira a pé. O privilexiado da contorna e a organización e control das actividades por parte d@s nos@s monitores-as e adestradores-as veñen sendo nos últimos anos unha garantía de éxito. Podedes confirmar as vosas reservas en liña picando AQUÍ a partir do 18 de maio e seguindo as instruccións do formulario de inscrición. Nos arquivos adxuntos a esta mesma nova tedes tamén a información xeral e os protocolos sanitarios respecto ao desenvolvemento do campamento. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.