Na mañá do domingo disputábase o III Nada e Corre Concello de Carballo, segundo dos clasificatorios de esta modalidade do tríatlon, grazas a organización conxunta da propia Federación Galega de Tríatlon, a AD.Fogar, o Concello de Carballo e Carballo Deporte, e a colaboración de Gadis e Mundocio. A proba contaba coa participación e o concurso de 235 deportistas de 7 a 17 anos pertencentes a 13 clubs das localidades da Coruña, Arteixo, Cedeira, Ferrol, Lugo, Narón, Oleiros, Sada, Villalba e Carballo. Os 42 triatletas das nosas escolas de tríatlon de base en Carballo e Oleiros callaron unha moi boa actuación copando 5 dos postos de podio da xornada; os conseguidos por Diego Souto (prata) en categoría prebenxamín, Manuel Souto (prata) na alevín, Rubén Otero (ouro) e Sergio Soto (bronce) na infantil e Andrés Prieto (prata) na cadete. A entrega de medallas coa que se pechou a xornada contou coa presenza de Marta Barbeito Domínguez, responsable da área Muller e Tríatlon da Federación Galega. Os resulados do evento podedes consultalos no aparatdo de descargas escola desta mesma web.