Catro medallas e oito clasificados no Nada e Corre de Viveiro


 24 Febreiro, 2020   Escola de Natación, Tríatlon e Atletismo 

Catro medallas e oito clasificados no Nada e Corre de Viveiro

No mediodía do pasado sábado disputábase o Nada e Corre de Viveiro, segundo dos clasificatorios da nosa zona para a Final Galega de esta modalidade do tríatlon. Ata Viveiro achegábanse 193 deportistas de 7 a 17 anos pertencentes a 11 clubs das localidades de Carballo, Cedeira, Coruña, Ferrol, Lugo, Narón, Oleiros, e Vilalba. Os 33 triatletas das nosas escolas de base en Carballo e Oleiros callaron unha moi boa actuación copando 4 dos postos de podio da xornada; os conseguidos por Manuel Souto que foi prata na categoría infantil, Elena Haz que foi tamén prata na cadete e David Sancho e Rubén Otero que se fixeron coas medallas de ouro e prata respectivamente na categoría cadete. Ademais deles acadaban tamén a súa clasificación directa para a Final Galega a prebenxamín Martina Santomé (6ª), a benxamín Claudia Montes (5ª), a alevín Carla Mourelle (6ª) e o infantil Hugo Souto (4º). Os resulados do evento de Viveiro podedes consultalos no aparatdo de descargas escola desta mesma web. A Final Galega do Nada e Corre no que o Fogar estará representado por 13 triatletas será o vindeiro 15 de marzo na localidade de Ribeira.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.