A cidade de Ferrol acollía hoxe o Tríatlon de Menores, proba puntuable para o Circuíto Galego de categorías inferiores (benxamíns, alevíns, infantís e cadetes) que contaba co concurso de 27 triatletas das Escolas de Base que dende a AD.Fogar promovemos nos Concellos de Carballo e Oleiros. Unha vez máis os nosos rapaces e rapazas rendiron a moi bo nivel facéndose cun botín de cinco pódios, 3 pratas e 2 bronces. As medallas de prata dos de Carballo e Oleiros eran para o alevín Manuel Souto, o cadete Andrés Prieto e o equipo cadete masculino con A.Prieto 2º, D.Sancho 8º e A.Elizalde 16º. Mentres que os bronces eran para os equipos masculinos alevín (M.Souto 2º, O.Alberte 10º e A.Sancho 12º) e infantil (R.Otero 5º, S.Soto 6º e A.Navarro 25º). En canto as nosas rapazas, os mellores concursos eran para Paula Vicente, 6ª benxamín, Marta González, 9ª cadete e Sofía Alberte, 10ª infantil. Os resultados deste Tríatlon de Menores de Ferrol, proba puntuable para o Circuíto Galego de Tríatlon de Base poden consultarse no apartado de descargas escola desta mesma web ou na seguinte ligazón federativa: http://fegatri.org/wp-content/uploads/2019/07/Clasificaci%C3%B3n-Ferrol-menores-2019-3.pdf