Desde a AD. Fogar comprácenos comunicar que desde hoxe mércores día 10 de marzo de 2019 e ata o vindeiro venres día doce, 236 deportistas das nosas Escolas de Natación e Tríatlon en Carballo e idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, clausurarán na Piscina Municipal da rúa Carballo Calero nos seus días e horarios habituais de práctica, o segundo trimestre de actividades acuáticas de base da presente campaña 2018 - 2019. E farano como vén sendo xa habitual en 3 xornadas festivas de Portas Abertas para deleite daqueles familiares e amigos que queiran gozar dunha sesión cotiá de práctica coas xóvenes promesas do club. Adiantámosvos tamén que durante o terceiro trimestre da tempada procederemos coa avaliación de nivel dos nadadores http://www.nadaresvida.es/los-premios-2/, tras a nosa recente adhesión ao programa "Nadar es Vida" da RFEN, certificado de calidade no ensino da natación en España http://www.nadaresvida.es/. Aproveitamos tamén a ocasión para lembrar que durante as vacacións escolares de Semán Santa manteremos a nosa actividade con total normalidade fóra dos días festivos, xoves 18 e venres 19 de abril nos que as instalacións municipais nantendrán as súas portas pechadas ao público ao ser festivo.