A Deputación provincial, no seu labor de promoción e difusión do deporte e consciente das dificultades que teñen moitos deportistas con talento, especialmente nas etapas de iniciación e de maior cambio corporal, para progresar naqueles deportes que teñan un carácter individual, pertercentes a alguha das disciplinas olímpicas, realiza a presente convocatoria de axudas co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfecionamento técnico e obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles aos deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada. Teñen a consideración de deportes de “carácter individual” todos aqueles que, según a súa regulamentación, son practicados por un ou dous deportistas como máximo. Bases e impresos en: http://www.dicoruna.es/cultura/bolsas/deportistas.
Establécense dous grupos segundo a idade dos aspirantes a bolsa:
Grupo A.- 14-17 anos cumpridos antes do 31 de decembro do 2012
Concederanse 10 bolsas de 2.000 € cada unha delas.
Grupo B.- 18-21 anos cumpridos antes do 31 de decembro de 2012.
Concederanse 10 bolsas de 3.000 € cada unha delas.
Naquelas especialidades deportivas nas que o máximo rendemento se pode producir en idades temprás (ximnasia artística, natación...) poderase pasar un bolseiro do grupo A ao grupo B, a criterio do tribunal cualificador. Exclúense da presente convocatoria os cursos dirixidos á obtención de títulos académicos ou deportivos. Estas bolsas serán compatibeis con outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade, que deberá comunicarllas o solicitante á Deputación.