Segundo a dispoñibilidade de prazas e por orde de inscrición o vindeiro luns día 12 de maio abriremos o prazo para anotarse ao Curso Intensivo de Natación de Verán que un ano máis organizamos desde a AD.Fogar en colaboración co Concello de Carballo e Carballo Deporte. O programa deste ano engloba tres grupos en niveles de iniciación, aprendizaxe e dominio dirixidos a nenos e nenas de 3 a 10 anos que non sexan soci@s do club. A actividade contará cunha oferta total de unhas trinta prazas e impartiráse na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo entre o 1 e o 31 de xullo en quendas de martes e xoves de 12:45 a 13:30 horas. A partir do 12 de maio podedes confirmar as vosas reservas en liña picando AQUÍ e seguindo as instrucións do formulario de inscrición.
Este verán ¡¡ MÓLLATE CONNOSCO EN CARBALLO !! Somos centro certificado pola RFEN en canto á calidade na ensinanza da natación dentro do seu Programa Nacional NADAR É VIDA.