Cursos intensivos de natación de verán Carballo 2024


Cursos intensivos de natación de verán Carballo 2024

Desde hoxe día 29 de maio de 2024 queda aberto o prazo de inscrición para os Cursos Intensivos de Natación de Verán que impartiremos na Piscina Municipal Carballo Calero en colaboración co Concello de Carballo e Carballo Deporte. A programación deste verán contempla dous cursos intensivos relacionados coa práctica da natación en nivéis de iniciación e mellora; un deles dirixidos a nen@s nad@s nos anos 2018, 2019 e 2020 e outro a nen@s nad@s nos anos 2014, 2015, 2016 e 2017, co requisito de que non sexan soci@s do clube e unha oferta total de 18 prazas. Os cursos desenvolveránse entre o xoves 27 de xuño e o martes 30 de xullo ao longo de seis semanas cunha frecuencia semanal de dous días e sesións de 45 minutos de duración en horario matinal de 12:45 a 13:30 horas. As inscricións pódense facer a partir de hoxe cumprimentando o formulario que atoparedes nesta LIGAZÓN e unha vez confirmada a praza por parte do clube procederáse co pagamento, información que atoparedes tamén no mesmo formulario. 
Este verán MÓLLATE CONNOSCO EN CARBALLO !!

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.