Este sábado día 18 de xaneiro de 2020, 24 triatletas de base das Escolas de Tríatlon que a AD.Fogar promove nos Concellos de Carballo e Oleiros, representarannos na Coruña e Pontevedra. Na Coruña 18 d@s nos@s correrán en horario matinal e nas inmediacións da Torre de Hércules, a Fase Intercomarcal do Campo A Través Escolar do Programa Xogade. Para a cita lograron a súa clasificación na fase previa de Sada @s alevíns Irene Santomé e David Vázquez, o equipo infantil masculino con 6 triatletas e os equipos cadetes feminino con 4 e o masculino con outros 6 triatletas. Por outra banda no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra 6 d@s nos@s acudirán á Toma de Tempos do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva que na súa Fase Territorial disputarase en xornadas de mañá e tarde nas Instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. A expedición do Fogar compóñena nesta ocasión @s cadetes Marta González en representación feminina e Álvaro Elizalde, Andrés Prieto, David Sancho, Pablo Tran e Samuel Nuñez na masculina. Pola mañá disputaranse os controis de natación na piscina e pola tarde os de carreira en pista. No apartado descargas escola desta mesma web podedes consultar os regulamentos destas dúas probas e ademáis como documentos adxuntos a esta mesma nova tedes tamén a nosa inscrición.