A localidade murciana de Águilas acolleu a pasada fin de semán o Campionato de España de Tríatlon Contrarreloxo e Substitucións por Equipos ao que acudimos cunha representación de 6 deportistas das categorías infantil e cadete: R.Otero, S.Soto, A.Prieto, D.Sancho, A.Elizalde e S.Nuñez, que concursaron neste campionato nacional na súa categoría escolar. A nosa mellor versión chegaba o sábado pola mañá na modalidade de contrarreloxo por equipos sobre as distancias de 250 metros de natación, 8,6 quilómetros de ciclismo e outros 1,5 qm de carreira a pé, na que rematábamos a proba como 5º clasificados dos 47 equipos que tomaban a saída; mellorando así 16 postos con respecto ao pasado ano. Ao mediodía do domingo xa na modalidade de substitucións por equipos e sobre un percorrido de 250 metros, 6,6 qm de ciclismo e 1,5 qm de carreira a pé, fomos 11º co noso equipo A (A.Prieto, D.Sancho e S.Nuñez) de 47 equipos, mellorando 13 postos con respecto a pasada campaña. Mentres que o noso equipo B (A.Elizalde, S.Soto e R.Otero) foi 6º na proba open dos 40 equipos que tomaban a saída nesta proba promocional. Por outra banda o sábado na Praia de Mera, Marta González colgábase o ouro na categoría infantil e Carlos González o bronce na categoría sub23 do Tríatlon Popular Concello de Oleiros. Os resultados de ámbalas dúas probas podédelos atopar en descargas escola e tríatlon desta mesma páxina.