Medidas extraordinarias da ADFogar fronte ao COVID-19 (coronavirus)


Medidas extraordinarias da ADFogar fronte ao COVID-19 (coronavirus)

Facemos saber que na reunión de Xunta Directiva celebrada onte ás 20:30 horas por videoconferencia, acordamos tomar as seguintes medidas económicas extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social que o confinamento polo COVID-19 puidese causar a @s soci@s, deportistas e traballadores-as da entidade e por tanto en beneficio de tod@s nos:
1.- Solicitar o aprazamento dos pagos da entidade con respecto á seguridade social e á axencia tributaria, liquidación das cotizacións de febreiro e marzo de 2020, liquidación do primeiro trimestre do IRPF, liquidación do primeiro trimestre do IVE e liquidación do imposto de sociedades. 
2.- Solicitar un ERTE para tod@s @s traballadores-as da entidade desde a data da declaración do estado de alerta e ata o momento en que se poida retomar novamente a actividade; o que exonera á agrupación do abono total de cotas á seguridade social e do pago dos salarios dos traballodores, podendo estes percibir a prestación por desemprego mentres dure a suspensión do contrato laboral.
3.- Non pasar a cobranza a @s soci@s da entidade o período de inactividade, descontando desde abril un 25% no importe das vindeiras mensualidades ata cubrir o devandito período. Así se o cesamento da actividade fose dun mes, este descontaríase en catro mensualidades. Deste xeito o club dispondría da liquidez necesaria para o reinicio da actividade.
4.- Cambiar provisionalmente a data de domiciliación dos recibos do día un ao día dez de cada mes.
A día de hoxe todo isto supón un primeiro paquete de medidas en previsión dun cesamento da actividade dun mes, polo que de estenderse no tempo teríamos que sopesar un reaxuste das mesmas. Desde a Xunta Directiva queremosvos agradecer a comprensión, responsabilidade e compromiso para coas medidas adoptadas en beneficio de tod@s. VAMOS EQUIPO, AO CORONAVIRUS IMOLO DERROTAR CO ESFORZO CONXUNTO DE TOD@S.
RENDERSE NON É UNHA OPCIÓN.
💪💪💪

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.