O número 60.617 da AD.Fogar de Carballo e Oleiros volveu ser agraciado no sorteo da Lotería Nacional de Nadal celebrado o pasado 22 de decembro de 2021; desta volta con 100 € ao décimo polas dúas últimas cifras. Este 60.617 resultou premiado xa en cinco ocasións nos oito anos que levamos tentando a sorte con él; a terminación en 2014, 2018, 2020 e 2021 e unha pedrea en 2016. Os da AD.Fogar adoitamos repartir ano tras ano 200 décimos en 1600 participacións de 2.50€ entre @s nos@s asociad@s e seguidores-as; participacións que como vén sendo habitual poden cobrarse xa na Administración de Lotería Alexandra de Carballo situada no baixo número oito da rúa Desiderio Varela a razón de 12.50€ por papeleta. Desde a directiva do club queremos agradecer tamén a todas as persoas que ano tras ano contribúen connosco doando os 0.50 céntimos da comisión por unha boa causa, o deporte de base. FELICES FESTAS !!