O vindeiro xoves 23 de marzo as 10 horas no auditorio do Forum de Carballo, os presidentes do Club Atletismo Coruña Comarca, José Carlos Tuñas Dugnol e da AD.Fogar, Gustavo Álvarez Nogueira, asinarán un acordo de colaboración entre as entidades ás que representan. Tendo en conta que as dúas entidades contan coa estrutura, o persoal e a experiencia necesarias para o fomento e dinamización da práctica deportiva; formalizarán este convenio para que, mediante as sinerxías dos recursos mutuos, mellórense os servizos ofrecidos aos/ás seus/súas soci@s e deportistas, e continúese coa promoción da práctica activa do atletismo en todas ás súas categorías. Algo que sen dúbida supoñerá unha mellora importante na promoción e dinamización do atletismo entre @s asociad@s e deportistas de ambas entidades e as súas áreas de influencia que gañarán na suma de recursos. Grazas á sinatura do acordo, os clubs non só poderán compartir deportistas, se non que facilitarán tamén a participación en actividades e eventos propios de cada unha das entidades e mesmo levarán a cabo actividades e eventos de maneira conxunta. Ao acto están convidad@s, as autoridades e a prensa locais e @s directiv@s, soci@s, deportistas e adestradores-as dos dous clubes que desexen asistir.