O Concello de Carballo interésase polo impacto do Covid-19


O Concello de Carballo interésase polo impacto do Covid-19

O Concello de Carballo iniciou a semana pasada unha rolda de contactos coas entidades deportivas co fin de analizar os efectos das limitacións derivadas do estado de alarma provocadas polo COVID-19 e, na medida do posible, intentar minimizalos. O venres na reunión telemática mantida cos clubs acuáticos de base que vimos utilizando parte da lámina de auga climatizada do Concello, o goberno municipal recoñecía que o deporte é un elemento fundamental na formación integral e na mellora da calidade de vida da cidadanía, considerando de especial interese a actividade desenvolvida polo movemento asociativo carballés, motivo polo que pretende realizar unha posta en común que permita promover actuacións encamiñadas a manter a actividade deportiva e garantir o acceso d@s deportistas de base á práctica deportiva cando as autoridades competentes en dita materia o permitan.
Nun primeiro paquete de medidas o goberno municipal comprometeuse a axilizar os trámites para o pagamento do segundo prazo das subvencións concedidas as entidades deportivas para o ano 2019 xustificadas desde o pasado a 31 de xaneiro; e comezar a traballar nas bases de cara as subvencións para o ano 2020 co empeño de polo menos manter os orzamentos presupuestarios do último ano. 
En canto ao análise do impacto que a crise sanitaria poida ter sobre a actividade deportiva para a próxima tempada e as actuacións coordinadas de todos os axentes implicados para conseguir minimizar os efectos producidos pola situación derivada do Covid-19 sobre o sistema deportivo local, o executivo comprometeuse tamén a asignar os recursos dispoñibles de xeito eficiente, equilibrado e adaptado á nova situación que permita aos clubes manter a asúa actividade e garantir con elo os postos de traballo e a viabilidade futura das entidades.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.