O Concello de Oleiros por acordo da Xunta de Goberno Local ven de conceder a Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude e a súa Sección en Oleiros, unha subvención por valor de 3.876,63 euros, 1.447,07 euros máis que no ano 2019; destinados á práctica deportiva federada da natación e o tríatlon dentro do marco da promoción e a difusión da cultura e o deporte neste Concello para o ano 2020. O obxecto da mesma e o de impulsar as actividades deportivas xuvenís e potenciar as categorías inferiores ou de base atendendo a organización de actividades deportivas e a participación de equipos ou deportistas nas competicións federadas de carácter oficial. A concesión desta subvención fixose en réxime de concorrencia competitiva baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia e igualdade. Desde a Agrupación Deportiva Fogar presentamos un orzamento de gastos de 42.000,00€ e solicitamos unha axuda por valor de 6.000,00€. O Concello de Oleiros repartíu unha contía total de 88.000€ entre as entidades deportivas sen ánimo de lucro da súa contorna. O prazo de xustificación finalizará o día 26 de febreiro de 2021.