O Concello de Oleiros por acordo da Xunta de Goberno Local de data 28 de decembro de 2017 ven de conceder a Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude e a súa Sección en Oleiros, unha subvención por valor de 2.128,22€ para a práctica deportiva federada da natación e o tríatlon dentro do marco da promoción e a difusión da cultura e o deporte neste Concello para o ano 2017. O obxecto da mesma e o de impulsar as actividades deportivas e xuvenís e potenciar as categorías inferiores ou de base atendendo a organización de actividades deportivas e a participación de equipos ou deportistas nas competicións federadas de carácter oficial. A concesión desta subvención fixose en réxime de concorrencia competitiva baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia e igualdade. Dende a Agrupación Deportiva Fogar presentouse un orzamento de gastos de 42.500,00€ e solicitouse unha axuda por valor de 6.000,00€. O prazo de xustificación finalizará o día 31 de xaneiro de 2018.