O Fogar suspende as clausuras do 2º trimestre de actividades de base


O Fogar suspende as clausuras do 2º trimestre de actividades de base

Tras o anuncio desta mesma mañá de que o Goberno ampliará o estado de alarma polo menos durante outros quince días, a AD.Fogar suspende as clausuras do segundo trimestre de actividades acuáticas de base da presente campaña previstas para os días 1, 2 e 3 de abril de 2020. Os 236 deportistas das nosas Escolas de Natación e Tríatlon en Carballo de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, quedan así sen as habituáis xornadas festivas de Portas Abertas na Piscina Municipal Carballo Calero. Adiantámosvos tamén que continuamos coa avaliación de nivéis dos nosos nadadores máis novos http://www.nadaresvida.es/los-premios-2/, dentro do programa "Nadar es Vida" da RFEN, certificado de calidade no ensino da natación en España http://www.nadaresvida.es/. Aproveitamos tamén a ocasión para lembrarvos que na reunión de xunta directiva do pasado 19 de marzo adoptóuse a decisión de non pasar a cobranza aos socios o período de inactividade correspondente o tempo de confinamento polo covid-19 (coronavirus), motivo polo que non é necesario solicitar a baixa como socio da entidade.
#EuQuedoNaCasa
ANIMO EQUIPO!! AO CORONAVIRUS IMOLO DERROTAR CO COMPROMISO E O ESFORZO CONXUNTO DE TOD@S.
💪💪💪

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.