Esta mesma tarde facíase pública a inscrición do IV Nada e Corre Concello de Carballo; primeiro dos clasificatorios de esta modalidade do tríatlon que promoven conxuntamente a Federación Galega e a AD.Fogar en estreita colaboración co Concello de Carballo, Carballo Deporte, Mundocio e Gadis. O evento contará tamén con a inestimable colaboración da Policía Local, o corpo de voluntarios de Protección Civil e uns 25 voluntarios que aporta a propia AD.Fogar. A proba terá lugar na Piscina Municipal e as inmediacións do Complexo Deportivo Carballo Calero o vindeiro domingo día 16 de febreiro desde as 9 da mañá e ata aproximadamente as 2 do mediodía. Os 265 deportistas, 30 mais que na pasada edición pertencen a 15 clubs das localidades de A Coruña, Arteixo, Carballo, Cedeira, Ferrol, Lugo, Narón, Oleiros, Sada e Vilalba. Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaremos parte con 51 triatletas das nosas escolas de base, das que 17 pertencen á categoría feminina e os 34 restantes á masculina. A entrega de medallas coa que se pechará a xornada está prevista cara ás 2 do mediodía. A normativa da proba podedes consultala no aparatdo de descargas escola desta mesma web e ademais como arquivo adxunto a esta noticia podédes atopar a lista de saídas das probas de natación.