Mañá pola tarde a localidade de Vedra acollerá o Campionato Galego de Dúatlon na modalidade contra reloxo por equipos, no que tomarán a saída máis de 100 equipos que mobilizarán a uns 585 deportistas. No que a nós respecta tomaremos parte cun equipo masculino que formarán 6 dos nosos cadetes, co propósito de preparar a súa participación para o Campionato de España de Dúatlon nas modalidades de contra reloxo e substitucións por equipos a disputar en Avilés os días 30 e 31 de marzo. Borja Benavent, Álvaro Elizalde, Lucas Lorenzo, Samuel Nuñez, Andrés Prieto e Pablo Tran, tomarán a saída ás 17:29 horas nunha carreira na que os equipos van saíndo de xeito escalonado minuto a minuto, e han de permanecer agrupados en todo momento durante o transcurso da proba. Tampouco está permitido o drafting (ir a roda doutro equipo). Ao final contará en meta o tempo do cuarto integrante do club, despois de completar un recorrido de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 quilómetros de ciclismo e outros 2,5 quilómetros de carreira a pe. Para mais información dirixídevos ás seguintes ligazóns http://fegatri.org/horarios-de-saida-dos-equipos-ocean-lava-galicia-cpto-galego-de-duatlon-por-equipos/ e http://fegatri.org/vedra-acolle-o-sabado-9-o-campionato-galego-de-duatlon-contra-o-reloxo-por-equipos/