Outra boa fin de semana para @s atletas e triatletas do Fogar


Outra boa fin de semana para @s atletas e triatletas do Fogar

O pasado 22 de marzo, 20 d@s atletas e triatletas das escolas de base da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte no 2º Clasificatorio de Atletismo en Pista Escolar e no Campionato Galego de Dúatlon de Menores. @s máis destacad@s do sábado a mañá no clasificatorio de atletismo disputado na Pista de A Malata en Ferrol foron, Angel Mira e Sara Antelo 6º e 14ª na proba dos 400 m.l. benxamín e Julia López 10ª nos 500 m.l. alevín, proba na que estableceu unha nova mellor marca do club de 11 anos cun tempo de 1:45.52. O mesmo sábado á tarde no Galego de Dúatlon de Menores as benxamíns Noah de Castro e Rosalía Cid foron 5ª e 11ª e os alevíns Tadeo Suárez e Nuno Barcia 6º e 12º. Na categoría promocional cadete, Lino Souto, Nicolás Mato e Diego Souto remataron 6º, 9º e 10º e Carmen Días foi 9ª. Resultados que podedes atopar nos apartados de descargas escola e tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.