Última hora da AD.Fogar fronte á crise do COVID-19 (coronavirus)


Última hora da AD.Fogar fronte á crise do COVID-19 (coronavirus)

Permitide que vos poñamos ao día con respecto ás medidas económicas extraordinarias levadas a cabo a día de hoxe pola entidade para poder facer fronte ao impacto económico e social que o confinamento polo COVID-19 está a causarnos a @s soci@s, deportistas e traballadores- as da entidade e por tanto en beneficio de tod@s nos: 
1.- Con data 26/03/2020 solicitamos á Seguridade Social o aprazamento da liquidación das cotizacións dos traballadores do mes de febreiro por un prazo de 6 meses con vencemento a 30/09/2020 e un valor de 3.060,94€.
2.- Con data 31/03/2020 solicitamos á Consellería de Economía, Emprego e Industria o ERTE para os 9 traballadores da entidade desde o 14 de marzo e ata o momento en que se poida retomar novamente a actividade.
3.- Con data 19/03/2020 decidimos en reunión de Xunta Directiva cambiar en diante a data de domiciliación dos recibos do día 1 ao día 10 de cada mes. Respecto disto comunicámosvos tamén que dada a evolución actual da pandemia e as poucas probabilidades de que poidamos retomar a actividade antes do mes de maio; manteremos unha nova reunión de Xunta Directiva o vindeiro luns día 6 de abril para volver valorar a forma de proceder con respecto ás próximas cotas de forma que poidamos garantir a continuidade futura da entidade sen ter que cobrar a @s soci@s o período de inactividade polo confinamento do COVID-19. Tede en conta que somos unha entidade privada deportiva, social e cultural sen ánimo de lucro que subsistimos nun 85-90% grazas aos ingresos da nosa masa social e nun 10-15% das subvencións, os convenios institucionais e a colaboración empresarial. Por último e en nome de tod@s @s membros da Xunta Directiva da entidade axuntamos as nosas forzas para que @s afectad@s polo Covid-19 poidan superar a enfermidade canto antes e enviamos as nosas condolencias a aquelas persoas que puidesen ter perdido a algún ser querido por culpa deste virus co que nos tocou lidar. Devandito isto querémosvos transmitir unha mensaxe de tranquilidade á vez que vos pedimos a comprensión, solidariedade, responsabilidade e compromiso necesarios para superar esta crise porque RENDERNOS NON É A NOSA OPCIÓN!!
💪💪💪

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.