Logo dos últimos comunicados emitidos polas autoridades competentes na materia esta mesma mañán, desde a AD.FOGAR informámosvos de que quedan suspendidas polo peche das instalacións deportivas, todas as nosas actividades cotiás, adestramentos incluídos, desde mañá venres día 13 de marzo de 2020 e durante a lo menos os próximos 15 días; tanto na localidade de Carballo como na de Oleiros. Con todo hoxe estarán dispoñibles tanto as instalacións deportivas de práctica como o persoal técnico do clube, ainda que a nosa recomendación é que quededes na casa evitando así as aglomeracións e o contacto entre persoas atendendo ás recomendacións sanitarias. Así mesmo e ante a eventualidade de que esta situación puidese alongarse no tempo máis aló dos 15 días, manterémosvos ao tanto de maneira puntual sobre as medidas que se puidesen adoptar desde o seo da Xunta Directiva da entidade. No documento adxunto a esta nova tedes a información do protocolo galego de actuación con respecto ao virus.