No día de onte Julio Martínez rematou a sua participación no XXX Campionato de España "Open" Máster de Inverno que se disputou na Piscina Municipal Parque del Oeste en Oviedo. Ao máximo torneo nacional da categoría acudiron un total de 1.811 nadadores-as en representación de 195 clubs, e como cabía de esperar o noso representante callou un torneo impecable ao facerse cun botín de 1 medalla, 3 plusmarcas do club. Julio sumou así ao seu palmarés o bronce nos 200 bolboreta batendo tamén as mellores marcas do club nas probas dos 100 bolboreta (4º clasificado), os 200 bolboreta (3º clasificado) e os 400 estilos (7º clasificado). Os resultados do mestre de Carballo están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web.
A vindeira cita para @s nos@s veteran@s será o domingo 16 de febreiro na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo con motivo da 3ª xornada da Liga Galega de Natación Máster no seu grupo norte. A competición desenvolverase nun turno de quecemento de 9 a 9:50 horas e outro turno de competición de 10 a 13 horas, espazo de tempo no que se nadarán as probas dos 200 bolboreta, os 50 costas e bolboreta, os 100 braza, libres e estilos e a remuda por equipos dos 4x50 estilos mixtos. Nesta segunda xornada @s de Carballo e Oleiros aliñaremos un equipo composto por 14 nadadoras-es, das cales 6 pertencen á categoría feminina e os 8 restantes á masculina. Compre subliñar que logo da segunda rolda @s do Fogar imos 10ºª da táboa provisional dos 32 equipos que estamos a tomar parte na liga.