A pasada fin de semana 8 d@s nos@s nadadores-as representáronnos na Piscina Municipal Álvaro Pino de Ponteareas nunha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster de Inverno. O torneo autonómico contou coa participación de 31 clubs e 461 nadadores-as, 260 homes e 201 mulleres. No que a @s do Fogar respecta, Julio Martínez da categoría +55 fíxose con 2 medallas de ouro nos 200 estilos e os 200 bolboreta, 1 de prata nos 100 estilos e outra de bronce nos 200 libres; acadou tamén a mellor marca galega na proba dos 200 bolboreta e os mellores rexistros do club nos 100 e 200 estilos e os 100 e 200 bloboreta. Na mesma categoría, a de máis de 55 anos, Juan Gende foi medallista de ouro nos 50 costas e os 50 bolboreta e Alberto Tomé ouro nos 400 estilos e prata nos 200 bolboreta e César Pose da categoría +40 acadou o ouro nos 200 bolboreta e o bronce nos 400 estilos. O concurso do equipo feminino saldouse coas pratas de Isabel Pereira nos 50 bolboreta e os 100 braza +60 e o bronce de María Barca nos 100 braza +25. Por equipos fomos 27ª na categoría feminina, 17º na masculina e 25º conxunt@s. Os resultados da AD.Fogar neste Campionato Galego de Natación Máster de Inverno poden consultarse no apartado descargas máster desta mesma web.