O sábado 18 e o domingo 19 en dobres sesións de mañá e tarde, a Piscina Municipal da Frigsa en Lugo acollerá unha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster Open de Inverno que achegará ata a localidade lucense a un total de 26 equipos e a cifra nada despreciable de 371 nadadores-as, 221 homes e 150 mulleres. A competición desenvolverase baixo a organización da Federación Galega de Natación e o CN.Portamiñá. Nesta ocasión os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros estaremos representados por un total de 13 nadadores-as (9 homes e 4 mulleres) que disputarán un total de 36 probas a título individual e outras 5 probas de substitucións por equipos. As escuadras máis numerosas e por tanto os máximos favoritos na disputa dos títulos nas categorías masculina, feminina e conxunta son o CN.Ponteareas (35), o CN.Rías Baixas (34) e os anfitrións do CN.Portamiñá (43). Toda a información relativa a este Campionato Galego Máster de Inverno pode consultarse na web da Federación Galega de Natación na ligazón https://www.fegan.org/post/963.