O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión de mañá e tarde, a Piscina Rías Do Sur acolle unha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster Open de Inverno que achegará ata a localidade pontevedresa a un total de 26 equipos e a cifra nada despreciable de 439 nadadores, 261 homes e 178 mulleres. A competición desenvolverase baixo a organización da Federación Galega de Natación e o CN.Galaico. Nesta ocasión os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros estaremos representados por un total de 14 nadadores (10 homes e 4 mulleres) que disputarán un total de 36 probas a título individual e outras 5 probas de remudas. As escuadras máis numerosas e por tanto os máximos favoritos na disputa dos títulos nas categorías masculina, feminina e conxunta son o CN.Travesas, o CN.Rías Baixas, os anfitrións do CN.Galaico e o CN.Portamiñá. Toda a información relativa a este Campionato Galego Máster de Inverno pode consultarse na web da Federación Galega de Natación na ligazón https://www.fegan.org/post/963. Ademais no arquivo adxunto a esta mesma nova podedes consultar tamén a inscrición dos nosos nadadores.