2 Pratas d@s nos@s no Campionato Galego de Fondo Máster


 09 Marzo, 2025   Máster 

2 Pratas d@s nos@s no Campionato Galego de Fondo Máster

No día de hoxe a Piscina Municipal de As Pontes acolleu o Campionato Galego de Fondo e "XVI Memorial Gerardo Steudel" para a categoría Máster en sesións de mañán e tarde; torneo que contou coa presenza de 24 equipos e o concurso de 99 nadadores e nadadoras da nosa comunidade, 62 homes e 37 mulleres. No mesmo os nosos tres representantes acadaron un botín de dúas medallas de prata e un 5º posto. Deste xeito Julio Martínez na categoría de +55 anos e María Barca na de +25 facíase coas 2 medallas nas probas dos 1500 e 800 metros libres respectivamente; mentres que César Pose rematou 5º nos 1500 metros libres na categoría de +40 anos. Julio Martínez foi quen tamén de establecer na súa categoría unha nova mellor marca do club nos 1500 libres cun tempo de 22:31.03. Na clasificación por equipos os da AD.Fogar de Carballo fomos desta volta 12º conxunt@s. Os resultados dos nosos Mestres neste Campionato Galego de Fondo poden consultarse no apartado de descargas máster desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.