Trece Mestres da AD. Fogar e as súas seccións en Carballo e Oleiros disputaban os pasados 18 e 19 de xaneiro en Lugo, o Campionato Galego de Natación Máster de Inverno onde lograban facerse cun botín de 2 récords galegos, outros 12 récords do club e 27 medallas; 13 delas de ouro, outras 8 de prata e 6 de bronce; tras callar un moi bo concurso autonómico. Os récords galegos eran para Elisa Pichel nos 100 metros braza da categoría +35 anos, e para Julio Martínez nos 100 metros bolboreta da categoría +50 anos. Os récords do clube batíanos, Balbina Tarrío nos 200 estilos +25, Elisa Pichel nos 100 braza +35, Pablo Fernández nos 50 braza, nos 100 e 200 estilos e nos 100 libres +35, Julio Martínez nos 50, 100 e 200 bolboreta +50, Juan Méndez nos 50 e 100 libres +65 e Pablo Balsa nos 200 estilos +25. A título individual os nadadores máis laureados foron Pablo Fernández con cinco ouros e Julio Martínez con catro. Por equipos fomos 17º en categoría feminina, 8º na masculina e 12º conxuntos dos 26 equipos que participaban no torneo. Os resultados deste Campionato Galego de Natación Máster de Inverno poden consultarse no apartado descargas máster desta mesma web.