O pasado domingo día 25 de abril, a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo acollía en sesións de mañán e tarde, o Campionato Galego de Fondo e "XII Memorial Gerardo Steudel" para a categoría Máster; proba que contaba coa presenza de 17 equipos e o concurso de 72 nadadores e nadadoras da nosa comunidade. No mesmo @s Mestres-as de Carballo e Oleiros facíanse cun botín de 3 medallas e acadaban 5 mellores marcas, 2 galegas e outras 3 do clube. Na sesión de mañán, Julio Martínez facíase coa medalla de ouro e a mellor marca do clube na categoría +50 anos na proba dos 800 metros libres. Xa pola tarde, Elisa Pichel facíase co ouro nos 1500 metros libres e as mellores marcas galegas e do clube nos 800 e 1500 libres na categoría das maiores de 35 anos, mentres que Cora Vinagre na categoría +30 acadaba a prata tamén nos 1500 metros libres. Na clasificación por equipos fomos 4º masculinos, 5ª femininas e 4º conxuntos. Os resultados d@s nos@s Mestres-as neste Campionato Galego de Fondo poden consultarse no apartado de descargas máster desta mesma web.