3 Récords e 16 medallas para @s Mestres-as no Galego de Verán


 16 Xuño, 2021   Máster 

3 Récords e 16 medallas para @s Mestres-as no Galego de Verán

Nove Mestres-as da AD. Fogar e as súas seccións en Carballo e Oleiros disputaban os pasados 12 e 13 de xuño en Ponteareas, o Campionato Galego de Natación Máster de Verán onde se facían cun botín de 3 mellores marcas do club e 16 medallas; 3 delas de ouro, outras 10 de prata e 3 de bronce; tras callar un moi bo concurso autonómico. As mellores marcas do clube batíanas, Julio Martínez nos 100 metros bolboreta e os 200 metros estilos da categoría dos 50 aoos 54 anos e María Rodríguez nos 50 libres da categoría dos 45 aos 49 anos. A título individual os nadadores máis laureados foron Julio Martínez cun ouro, dúas pratas e un bronce, Marcelino Canedo con tres pratas e un bronce e Alberto Tomé cun ouro, unha prata e un bronce. Por equipos fomos 15ª en categoría feminina, 8º na masculina e 10º conxuntos dos 25 equipos que participaban no torneo. Os resultados deste Campionato Galego de Natación Máster de Inverno poden consultarse no apartado descargas máster desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.