A pasada fin de semana nadábase unha nova edición do Campionato Galego Open de Natación Máster de Inverno que achegaba ata a pileta pontevedresa do Complexo Deportivo Rías Do Sur a 14 dos Mestres da AD.Fogar de Carballo e Oleiros, 10 homes e 4 mulleres. Os nosos, que estiveron excelentes durante toda a fin de semana, traíanse un botín de 5 récords galegos e 30 metais repartidos entre os membros do equipo en 12 ouros, 9 pratas e 9 bronces; ademais os de Carballo e Oleiros batían tamén 12 mellores marcas do club. Por equipos fomos 19º en categoría feminina, 6º na masculina e 10º conxuntos dos 26 equipos que participaban no torneo. A título individual os máis destacados foron, Pablo Balsa que lograba 5 ouros, 5 récords galegos e outros 5 récords do club, Pablo Fernández que sumaba 4 ouros, 2 récords galegos e 5 do clube, seguido de Héctor García con 3 ouros, 2 récords galegos e outros 3 do clube. Os resultados dos nosos nadadores neste Campionato Galego Máster de Inverno poden consultarse no apartado descargas máster desta mesma web; información que podedes ampliar tamén na seguinte ligazón federativa: https://www.fegan.org/post/963.