O vindeiro domingo día 8 de marzo de 2020 a Piscina Municipal do Complexo Deportivo de Santa Isabel en Santiago de Compostela, albergará a XI Edición do Memorial Gerardo Steudel, actual Campionato Galego de Fondo; no que tomarán parte 24 equipos representados por 169 mestres-as, 56 mulleres e 113 homes. A pileta estará dispoñible para @s nadadores-as desde as 9:00 horas coa quenda de quecemento que se estenderá ata as 10:00, momento no que comezará a sesión matinal coas 6 series dos 1500 metros libres mixtos. Pola tarde a partir das 16:00 e despois da quenda de quecemento dunha hora, disputaráse a sesión vespertina coas 6 series dos 800 metros libres tamén en formato mixto. Os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomaremos parte con 4 nadadores, dos cales 3 nadarán a distancia dos 1500 (Juan Méndez, Julio Martínez e César Pose) e 1 a de 800 (Alberto Tomé). Toda a información relativa a este Campionato Galego de Fondo e XI Memorial Gerardo Steudel podedes consultala no arquivo que adxuntamos a esta mesma nova.