5 medallas e 1 récord do club no Galego Máster de Verán


 17 Xuño, 2025   Máster 

5 medallas e 1 récord do club no Galego Máster de Verán

A pasada fin de semana 5 d@s nos@s nadadores-as representáronnos na Piscina Municipal de As Pozas en Mos, nunha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster de Verán. O torneo autonómico contou coa participación de 30 clubs e 385 nadadores-as, 218 homes e 167 mulleres. No que a @s do Fogar respecta Isabel Pereira da categoría +60 fíxose co ouro nos 100 braza e a prata nos 100 libres, proba esta última na que bateu tamén o mellor rexistro do club da súa categoría, Juan Gende da categoría +55 acadou o ouro nos 50 costas e o bronce nos 50 bolboreta, e María Barca da categoría +25 foi bronce nos 100 braza. Por equipos fomos 26ª na categoría feminina, 28º na masculina e 27º conxunt@s. Os resultados da AD.Fogar neste Campionato Galego de Natación Máster de Verán poden consultarse no apartado descargas máster desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.