
A pasada fin de semana tres d@s nos@s nadadores-as representáronnos na piscina do Complexo Deportivo Municipal Álvaro Pino de Ponteareas, no que foi unha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster de Inverno. O torneo autonómico contou coa presenza de 33 clubs e 462 nadadores-as, 254 homes e 208 mulleres. No que a @s do Fogar respecta, Julio Martínez da categoría +55 anos fíxose cos ouros nos 200 bolboreta e os 400 libres, o bronce nos 200 braza e os récords do club nos 100 e 200 braza. Pola súa banda Isabel Pereira da categoría +65 anos acadou a prata nos 50 bolboreta e os 100 braza e sumou tamén os récords do club nas dúas probas. Alejandro Magallán, o terceiro dos nosos, foi 8º na proba dos 50 libres da categoría +50 anos. Por equipos rematamos 29ª na categoría feminina, 26º na masculina e 27º conxunt@s. Os resultados d@s mestres-as da AD.Fogar neste Campionato Galego de Natación Máster de Inverno podédelos consultar no apartado de descargas máster desta mesma web.