O pasado domingo día 16 de febreiro nadouse na Municipal de Carballo a terceira das xornada da Liga Galega de Natación Máster no seu grupo norte. A competición desenvolveuse entre as 9 e as 12 horas da mañá con 14 d@s mestres-as de Carballo e Oleiros en liza. @s do Fogar fixemos valer a nosa condición de locais callando unha moi boa actuación, proba delo foron os 5 récords do club acadados na xornada. Víctor Tato mellorou o rexistro dos 100 libres +45 anos e Carlos Iglesias na mesma categoría, María Rodríguez na de +50 anos e Isabel Pereira na de +60 anos, bateron os respectivos rexistros dos 100 estilos. Ademáis Víctor, Carlos, Isabel e María bateron o rexistro da remuda mixta dos 4x50 estilos +200 anos. A falta de computar os puntos desta última rolda @s do Fogar imos 10ºª da provisional dos 32 equipos que estamos a tomar parte na liga.