Seis Mestres-as da A. D. Fogar de Carballo e Oleiros desputaban os pasados 11 e 12 de xuño na Municipal Álvaro Pino de Ponteareas unha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster de Verán, torneo no que @s nos@s facíanse cun botín de 5 mellores marcas do club e 10 medallas, 4 delas de ouro, 1 de prata e outras 5 de bronce. As mellores marcas do clube batíanas, Julio Martínez nos 200 metros braza e os 400 metros libres da categoría dos 50 aos 54 anos; Isabel Pereira na proba dos 200 metros costas da categoría dos 60 aos 64 anos e María Rodríguez nos 50 e 100 metros libres da categoría dos 45 aos 49 anos. A título individual @s nadadores-as laureados foron, Julio Martínez con 2 ouros (400 libres e 100 bolboreta), 1 prata (200 costas) e 2 bronces (200 braza e 4x50 libres mixto); Isabel Pereira con 2 ouros (100 e 200 costas) e 1 bronce (4x50 libres mixto); Alberto Tomé con 3 bronces (100 e 200 costas e 4x50 libres mixto) e César Pose (200 estilos) e María Rodríguez (4x50 libres mixto) cun bronce cada un. Por equipos fomos 21ª na categoría feminina, 15º na masculina e 17º conxuntos dos 31 equipos que participaron no torneo. Os resultados deste Campionato Galego de Natación Máster de Inverno poden consultarse no apartado descargas máster desta mesma web.