No día de hoxe, Elisa Pichel e Julio Martínez remataron a sua participación no XXXII Campionato de España "Open" Máster de Verán que se está a celebrar na piscina "José Feo" do C.N. Metropole canario desde o pasado xoves día 7 de xullo. Ao máximo torneo nacional da categoría acudiron 152 clubs e 1.095 nadadores-as, 633 homes e 462 mulleres. Como non podía ser menos @s dous representantes de Carballo e Oleiros callaron un gran torneo facéndose cun botín de 6 medallas, 4 plusmarcas galegas e outras 2 do club. Elisa Pichel da categoría de 35 a 39 anos volveu a ser protagonista logo de acadar a medalla de prata nos 100 bolboreta e as de bronce nos 50 bolboreta e os 200 estilos e braza; ademáis nos 100 bolboreta e os 200 estilos batía os récords galegos e do clube na categoría das de máis de 35 anos. Julio Martínez, outro dos nosos que visita con regularidade o caixón de premiación, sumaba ao seu palmarés os bronces nos 100 e 200 bolboreta batendo tamén as mellores marcas galegas nas dúas probas. Os resultados d@s mestres-as de Carballo e Oleiros están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web. Ademáis podedes consultar tamén todo o referente a este Campionato de España de Natación Máster de Verán na seguinte ligazón: https://rfen.es/es/section/web-resultados-master-verano-2022