6 Récords e 17 medallas para @s Mestres-as no Galego de Inverno


 16 Xaneiro, 2023   Máster 

6 Récords e 17 medallas para @s Mestres-as no Galego de Inverno

Doce Mestres-as da AD. Fogar de Carballo e Oleiros disputaban os pasados 14 e 15 de xaneiro en Ponteareas unha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster de Inverno acadando un botín de 6 mellores marcas do club e 17 medallas, 7 delas de ouro, outras 6 de prata e 4 de bronce. As mellores marcas do clube establecíanas, (5) Alberto Tomé nos 100, 200 e 400 metros estilos e os 100 e 200 metros bolboreta da categoría dos 55 aos 60 anos e (1) María Rodríguez nos 100 metros libres da categoría dos 50 aos 55 anos. A título individual @s nadadores-as máis laureados foron, Alberto Tomé con tres ouros e unha prata; María Rodríguez cun ouro, dúas pratas e un bronce; Isabel Pereira cun ouro e unha prata; Alfonso Canosa e Pablo Vázquez cun ouro cada un, Juan Gende con dúas pratas e Adrián Martínez, Alberto Cotelo e César Pose cun bronce cada un. Por equipos rematamos 16ª na categoría feminina, 14º na masculina e 14ªº conxunt@s dos 32 equipos que participaron no torneo. Os resultados deste Campionato Galego de Natación Máster de Inverno poden consultarse no apartado descargas máster desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.