9 Mestres de Carballo e Oleiros acoden ao Galego de Verán


 10 Xuño, 2021   Máster 

9 Mestres de Carballo e Oleiros acoden ao Galego de Verán

O sábado 12 e o domingo 13 en sesións de mañá e tarde, a Piscina Municipal do Complexo Deportivo Álvaro Pino en Ponteareas acollerá unha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster de Verán que achegará ata a localidade pontevedresa a un total de 25 equipos representados por 242 nadadores-as, 155 homes e 87 mulleres. A competición desenvolverase baixo a organización da Federación Galega de Natación e o CN.Ponteareas. Nesta ocasión os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros estaremos representados por un total de 9 nadadores-as (7 homes e 2 mulleres) que disputarán un total de 31 probas a título individual. As escuadras máis numerosas e por tanto os máximos favoritos na disputa dos títulos nas categorías masculina, feminina e conxunta son o CN.Ponteareas (46) e o CN.Rías Baixas (25). Toda a información relativa a este Campionato Galego Máster de Verán pode consultarse na web da Federación Galega de Natación na seguinte ligazón https://www.fegan.org/mp/default/post/963. A inscrición d@s nos@s esta tamén dispoñible no apartado de descargas máster desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.