A 1ª Xornada da Liga Galega Máster nádase en Monforte


 24 Outubro, 2018   Máster 

A 1ª Xornada da Liga Galega Máster nádase en Monforte

Na mañá do próximo domingo día 28 de outubro de 2018, a Municipal de Monforte será a pileta que acolla o arranque da Liga Galega Máster de Natación na súa edición 2018-2019. Á cita monfortina acudirán un total de 109 nadadores, 48 mulleres e 61 homes, dos 13 clubs galegos que tomarán parte nesta 1ª rolda ligueira no seu grupo norte. Aos da A. D. Fogar de Carballo e Oleiros tócanos defender o subcampionato conseguido na pasada edición e para iso poñeremos en liza nesta xornada inaugural a un equipo que conforman 14 nadadores, das que 2 son mulleres e os 12 restantes son homes. Os nosos mestres nadarán en Monforte un total de 28 probas a título individual e 1 de remudas, dentro dun programa que inclúe nesta 1ª cita as probas dos 200 m costas e bolboreta mixtos, os 50 m braza, os 100 m estilos e os 50 m braza e libres nas categorías masculina e feminina, ademais da remuda dos 4x100 m libres mixtos. Os informes de inscrición e as listas de saídas estarán dispoñibles para a súa consulta como documentos adxuntos a esta mesma noticia.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.