O domingo día 1 de decembro de 2024 a Piscina Municipal Carballo Calero acolle en Carballo a 2ª xornada da Liga Galega de Natación Máster no seu grupo outra sede. A competición contará coa presenza de 8 clubs e 123 nadadore-as, dos que 75 serán homes e as 48 restantes mulleres. A xornada desenvolverase nun turno de quecemento dende as 9:00 as 9:50 horas e outro turno de competición entre as 10:00 e as 13:30 horas, espazo de tempo no que se nadarán as probas dos 200 metros libres e braza, os 100 metros bolboreta e costas e os 50 metros braza e libres, ademais das remudas dos 4x50 metros libres. Nesta segunda xornada @s de Carballo e Oleiros aliñaremos un equipo composto por 15 nadadoras-es, das cales 6 pertencen á categoría feminina e os 9 restantes á masculina. Compre subliñar que logo da primeira rolda @s do Fogar imos 13ºª da táboa provisional dos 231 equipos que estamos a tomar parte nesta liga galega de veteran@s.