Na mañá do próximo domingo día 24 de novembro de 2019 a Municipal Santa Isabel en Santiago de Compostela será a pileta que acolla a segunda xornada da Liga Galega Máster de Natación. Á cita compostelana acudirán un total de 137 nadadores, 52 mulleres e 85 homes, dos 16 clubs galegos que tomarán parte nesta segunda rolda ligueira no seu grupo norte. Aos da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tócanos remontar a 7ª praza que ocupamos de maneira provisional logo dun dos peores arranques ligueiros das últimas tempadas. E para iso poñeremos en liza a un equipo conformado por 15 nadadores, das que 2 son mulleres e os 13 restantes son homes. Os nosos mestres nadarán na capital galega un total de 29 probas a título individual e 3 substitucións masculinas, dentro dun programa que inclúe nesta 2ª cita as probas dos 50 m costas e bolboreta, os 100 m braza e os 200 m libres libres nas categorías feminina, masculina e mixta, ademais da substitución dos 4x50 m libres nas categorías feminina e masculina. Os informes de inscrición, o sumario de participantes e as listas de saídas están dispoñibles para a súa consulta como documentos adxuntos a esta mesma nova.